O correo electrónico é requirido, o informe en PDF entregarase por correo electrónico.

FERRAMENTA INTERACTIVA DE PRESCRICIÓN DO GRANITO OURENSÁN

FIP-GOU é unha ferramenta interactiva que lle permite ao prescritor de obras acceder a un extenso catálogo virtual do granito ourensán. Esta ferramenta informática axiliza a súa prescrición e outorga os datos técnicos necesarios para a súa execución, elaboración de documentación gráfica e técnica e control de calidade en función dos requisitos específicos do mencionado material ourensán (resistencias, dimensións, absorción, abrasión etc.) e do uso do elemento que se vai executar (cachotería, pavimento, aplacado etc.) axustándose aos criterios da normativa actual.